sábado, 30 de enero de 2010

ONDE ESTÁ PAPIRUS?

Cando chegamos en setembro á nosa biblioteca soubemos dunha nova un tanto inquedante:

"Papirus non estaba agardándonos no seu recuncho, DESAPARECERA, e ninguén, nin Ramón , nin Martín o viran dende o mes de xullo".

Onde iría? Pasaríalle algo? -preguntabámonos todos.

Os nenos empezaron a botalo en falta e andaban un pouco preocupados.

domingo, 24 de enero de 2010

1º CARTA DE PAPIRUS























Alá polo mes de outubro chegounos por correo un sobre xigante cunha fermosa carta dentro, onde nos explicaba que... canso de esperar por todos nós, sentíndose un pouco só e contaxiado polo bo tempo do verán decidiu sair a coñecer todos aqueles lugares maravillosos dos que xa lera algo nos libros da biblioteca. Descubriu que o mundo é inmenso de grande e decidiu que antes de voltar tiña que coñecer un pouco máis.

Agora xa sabiamos que se atopaba perfectamente aínda que non sabíamos onde estaba.

Que aventureiro nos saiu este polbiño!!!






2º CARTA DE PAPIRUS


Chegou a 24 de outubro e os nenos e nenas preguntaban se Papirus voltaría para o seu aniverario.

Como parecía que iso non era probable, todos pensamos que... escribíndolle e adicándolle unhas postais de felicitación estariamos máis preto del.


Ao mellor así conseguíamos que voltase!!!

3º CARTA DE PAPIRUS

Pasado un tempo, recibimos unha nova carta, na que nos agradecía as tarxetas de aniversario. Ademáis dábanos pistas para que averiguásemos en que lugar se atopaba.
Puxémonos mans á obra ata descubrir que estaba en Senegal.

Este traballo serviunos para coñecer outras culturas e países africanos moi interesantes como: Exipto, Libia, Marrocos, Sahara...

POSTAL DE NADAL








Corría entre tanto o mes de novembro e estabamos tan enfrascados na investigación que cando nos demos conta tiñamos o Nadal enriba e unha sorpresa...

















.





...Esta vez era Papirus quen nos enviaba unha POSTAL para felicitarnos as festas.



















Á volta das vacacións agardábanos un novo agasallo de Papirus: nunha fermosa caixa estaban todas as postais de aniversario que lle regalaramos en outubro, xunto cunha nota na que nos pedía que fixésemos unha exposición con elas, quería que todo o mundo as vise xa que lle gustaran moitííííísimo!!!